Vistas de página en total

sábado, 28 de julio de 2007

Pórtico da Gloria-datos







O Pórtico representa o cumio da escultura románica, obra do escultor e arquitecto Mateo, que tamén traballara na reconstrucción da Ponte Cesures, na igrexa de Cambre e no mosteiro de Carboeiro.



O Pórtico da Gloria foi realizado polo Mestre Mateo e o seu obradoiro entre 1168 e 1188.



A estrutura arquitectónica do pórtico consiste en tres plantas superpostas: a cripta que simboliza o mundo terreal, o pórtico propiamente dito, que constituía a porta de entrada occidental á catedral e que permaneceu aberto ao exterior durante a Idade Media e no que se representaba ó Xerusalen Celeste, e a última planta era a tribuna, que por medio de rosetóns posibilitaba que estivera iluminada todo o día. Representando a elevación do humano ao divino.



O Pórtico tal e coma o vemos hoxe, non é exactamente o realizado por Mateo e o seu obradoiro, algunhas das súas figuras foron retiradas ó construíla actual fachada da Catedral (o Obradoiro) e consérvanse no Museo Catedralicio



Componse de tres arcos de medio punto que se corresponden con cada unha das tres naves da igrexa, sustentados por grosos piares de columnas adosadas. O arco central é o maior (o dobre de cada un dos laterais), é o único que posúe tímpano, e está dividido por unha columna central, o parteluz, coa figura de Santiago.
A franxa inferior está formada polas basas das columnas, decoradas con animáis fantásticos; a franxa media está formada por columnas que sustentan as estatuas adosadas dos apóstolos; e a superior polos arcos que coroan as tres portas.






O Santo dos Croques



O pé do Pórtico da Gloria, na cara interna do parteluz, hai unha figura de un home aseonllado que mirando ó altar Maior, parece rezar. A tradición di que o mestre Mateo cando lle explicóu ó bispo o que representaba cada figura pasóu por alto a unha figura que estaba onde hoxe está o santo dos croques, mais o bispo decatóuse e preguntóullelo, e o mestre tivo que decirlle que era él mesmo, que él despois de ser quén de facer aquela obra ben merecía estar nela. O bispo reprimíuno. Cando o bispo volvíu por alí víu que a figura estaba cambiada, aquela figura en pose soberbia era agora unha figura humilde e aseonllada orándolle a Deus.

viernes, 27 de julio de 2007

Orzamento

Foto propiedade de La Voz de Galicia

O montante dos traballos superará os tres millóns de Euros, que serán aportados pola Fundación Barrié de la Maza. As obras durarán hatra finais do 2010

O Pórtico da Gloria

Foto propiedade de La Voz de Galicia
A firma do convenio entre o Arzobispado, o Cabildo e a Consellería de Cultura coa la Fundación Pedro Barrié de la Maza pon en marcha o proceso de restauración máis ambicioso dos últimos tempos na catedral de Santiago, que afectará o Pórtico dla Gloria e as bóvedas e arcos da capela maior do templo románico.